lunes 27 de abril de 2009

As pantasmas rouban

Aquela noite, todos durmían menos Juanita pola atracción do medo. Entón levantouse ás escuras, e rompeu o xarro da avoa de Raquelo. Tódalas pantasmas espertaron e Raquelo dixo:
-Pola miña nai vampira!. Vaime matar por romper o xarro.
Juanita moi triste preguntou:
-Que podemos facer para que nos perdoes?
Raquelo dubidou e contestou:
-Hai unha cousa que me pode gustar, Tódalas pantasamas preguntaron:-que é?
-Tedes que ir a París e roubar o cadro da Mona Lisa, que esta no LOUVRE.
As pantasmas preguntaron:
-Pero iso non é ilegal?
Raquelo respondeu:
Queredes que llo pregunte a José Antonio e a Ana? E as pantasmas contestaron: non,non,por favor!
Dez minutos máis tarde Raquelo dixolles:
-Collede esa carraca de camión e roubadeo, xa!
En menos de dicir plín, xa estaban nas portas do LOUVRE.
Ían entrar na sala do cadro cando.......

Podes escoitalo aquí

jueves 16 de abril de 2009

A poción dos versos

Entón o ser fantástico lanzoulles un feitizo de falar en verso cando estaban durmindo, pero o feitizo só duraba dúas horas.
Despois espertaron e foron á casa de Moncho, unha pantasma amiga deles. Moncho era moi feo e tiña cascudas por todo o corpo. 








Entón apareceu outra vez o ser fantástico e Juanita dixo:

- Anda! Un monstro
máis feo que Moncho.
Menos mal que teño ao meu Juan
que é moi pillában.
Ignacio exclamou:
- Que pasou?
quen nos enfeitizou?
Estamos falando en verso;
isto é moi perverso.

Paulo engadiu:
- Somos oito pantasmas
nunha casa branca.
Ningún máis,
pero ... que medo dá!
Andreo empezou a cantar unha canción:
- As oito pantasmas
bailan sen parar,
bailan e bailan
e non se van cansar.
Pepe dixo:

- Temos que buscar a Nicolasa e Raquelo
e ata que os atopemos
de buscar non nos cansaremos.

Mentres tanto, Nicolasa e Raquelo estaban no bosque encantado. El empezou a recitar unha poesía de amor que dicía así:

- O amor é fermoso,
como cando un caracol faise amigo dun oso;
o amor é algo natural,
como cando temos os ollos que brillan como cristal;
o amor é un paxariño
que canta no seu niño;
o amor é tan gracioso
como ver bailar un coello cun raposo.
Ao fin, Raquelo e Nicolasa chegaron a casa, cantando de alegría e comendo unha sandía. 

E cando entraron na casa ...



Podes escoitalo aquí

martes 31 de marzo de 2009

A casa de Raquelo


Raquelo vivía no campo. A súa casa era moi grande e misteriosa. Estaba situada no interior dun bosque tenebroso. Nese bosque habitaban todo tipo de seres fantásticos.

No interior da casa, as paredes eran de pedra e estaban cubertas de teas de araña.
Habia unha gran biblioteca chea de
libros de feitizos e no soto habia todo tipo de instrumentos pantasmagóricos.
As sete pantasmas quedaron adormecidas no sofá da casa de Raquelo. Raquelo deulles
a beber unha poción coa cea, a todos menos a Nicolasa,da que estaba namorado.

Raquelo e Nicolasa sairon a pasear polo bosque, baixo a luz da lúa chea.
Despois dunhas horas atoparonse perdidos . Mentres tanto un ser fantástico entrou na casa de Raquel e atopou as sete pantasmas adormecidas....


Podes escoitalo aquí:

martes 24 de marzo de 2009

As Pantasmas van de vacacións

Ata que un día , cansos de tanto camión , decidiron coñecer máis mundo e puxéronse a falar de onde querían ir.
JUANITA: Eu quero ir aParís ,eu quero ir a París que é moi romántico.
JUAN: Vale ,eu vou contigo.
PAULO: Eu conduzo ata alí , déixovos e nós imos a Bélxica . Que vos parece? AS OUTRAS PANTASMAS :Vale,vale vale... que ben!

Cando chegaron a París Juan e Juanita foron ao parque de atraccións. Subiron nunha atracción de medo e Juanita berraba.
JUANITA: Teño moito meedooo...!
Juan agarrouna e bicáronse. Ao baixar da atracción encontaron a un amigo que se chama Raquelo e ao que había moito tempo que non vían. Raquelo é feo, fraco, pecoso e ten unha araña sempre correndo polo pelo. Empezaron a falar e Raquelo dixo:
RAQUELO: Teño unha pantasmaidea, por que non vides hoxe cear á miña casa?
Juan e Juanita aceptaron encantados, pero dixéronlle que ían acompañados doutras seis pantasmas máis.Chamaron ás outras pantasmas por teléfono e dixéronlles que deran volta para ir cear con Raquelo, e así o fixeron. Cando chegaron á casa de Raquelo xa estaba a cea preparada: vermes con moscas e lama. Despois de cear fóronse acomodando no sofá e Raquelo dixo:
RAQUELO: Hoxe podedes durmir aqui, hai sitio para todos.

Deitáronse tarde e esa noite...


Podes escoitalo aquí

miércoles 11 de marzo de 2009

O camión das pantasmas

As pantasmas dixéronlle a Ana e Xosé Antonio que lles farían un bambán novo.
Un día, Xuanita, foise lavar os dentes e escoitou a Xosé Antonio dicirlle a Ana María:
-Desde que viñeron as pantasmas non temos tempo para falar

-¿E o teu soño cal é, Xosé Antonio?

-Vivir nun camión despreocupado de todo.

Xuanita avisou a os demais e contoullo.
Enton foron a buscar un camión vello e marcharon todos nel despois de pintalo de moitas cores (amarelo,verde, azul ,etc)

Cando o vía a xente quedaba coa boca aberta.
As pantasmas montaron no coche e marcaharon a rccorrer o mundo deixando aos recén casados na súa casa.
Como ninguén os vía ao voante , eles tocaban a bocina e toda a xente fuxía do seu camión.
Pasábano chachi piruli ríndose de todos. Subíanse aos campanarios e tocaban.
Eran felices facendo falcatruadas, ata que un día ...

Podes escoitalo aquí:

jueves 5 de marzo de 2009

A cea das pantasmas

Estaban preparando unha cea sorpresa para darllelas gracias por deixalos vivir na súa casa, na que se atopaban moi cómodos e moi contentos.
Compraron para que ceasea parella, marisco e os ingredientes para facer un cocido, e para eles comida deshidratada e lambetadas de moitas clases.
Despois de cear todos xuntos foron a dar un paseo pola praia e remataron nunha discoteca, que hai cerca da casa, bailando ata a mañanciña.
Ao chegar á casa José Antonio e Ana déronse un baño de escuma e foron á cama, mentres que as pantasmas, como non necesitan durmir, se puxéron a xogar no xardín a tódolos xogos que sabían.
Cando a parella estaba durmindo escoitou un grande estrondo e, asustada, asomouse á fiestra e viu o que acontecera:
¡ Ignacio rompera o bambán!
As demáis pantasmas enfadaronse moito con Ignacio e decidiron que para remediar o dano que fixera tiña que facer algo pola parella. Puxéronse a pensar en que cousas podería facer e non se daban posto dacordo. Uns pretendían que arranxase o bambán, outros que a cambio lles conseguise algo que lles fixese moita ilusión….Ao fin chegaron á conclusión de que o mellor era que lle preguntasen a José Antonio e Ana que querían a cambio do estropicio.

Ana díxolles que como estaban moi enfadados non lles ían consentir que fixesen máis danos na casa e que de non obedecelos terían que chamar a unha empresa nova que se instalara facía uns días preto da súa casa.
¡Era unha compañía de CAZAPANTASMAS!

Polo medo, as pantasmas prometéronlles que ían portarse moi ben e tamén que lles farían……

jueves 26 de febrero de 2009

O agasallo de San Valentín

Todo ía ben ata que un día veu de visita a familia das pantasmas. Como era o día dos namorados celebrárono no parque de atraccións. Subíronse a tódalas atraccións porque non tiñan que pagar. Alí gañaron dúas entradas para ir ao cine.

-Pero nós somos máis de dous! -dixeron as pantasmas.

Manolo, o avó das pantasmas dixo:

-Deberíades regalarllas a José Antonio e a Ana por deixarvos vivir na súa casa.
A parella emocionouse moito ao recibir o agasallo porque era a película que viron na lúa de mel e traíalle moi bos recordos.
Cando estaban no cine, Juan sentouse ao lado de José Antonio e collíalle as palomitas ata que non lle deixou ningunha. Cando José Antonio e Ana se daban un bico, Juan e Juanita tamén se bicaron. Aquela película era moi romántica.
Mentres tanto, as demais pantasmas estaban preparando...

Podes escoitalo aquí