jueves 16 de abril de 2009

A poción dos versos

Entón o ser fantástico lanzoulles un feitizo de falar en verso cando estaban durmindo, pero o feitizo só duraba dúas horas.
Despois espertaron e foron á casa de Moncho, unha pantasma amiga deles. Moncho era moi feo e tiña cascudas por todo o corpo. 








Entón apareceu outra vez o ser fantástico e Juanita dixo:

- Anda! Un monstro
máis feo que Moncho.
Menos mal que teño ao meu Juan
que é moi pillában.
Ignacio exclamou:
- Que pasou?
quen nos enfeitizou?
Estamos falando en verso;
isto é moi perverso.

Paulo engadiu:
- Somos oito pantasmas
nunha casa branca.
Ningún máis,
pero ... que medo dá!
Andreo empezou a cantar unha canción:
- As oito pantasmas
bailan sen parar,
bailan e bailan
e non se van cansar.
Pepe dixo:

- Temos que buscar a Nicolasa e Raquelo
e ata que os atopemos
de buscar non nos cansaremos.

Mentres tanto, Nicolasa e Raquelo estaban no bosque encantado. El empezou a recitar unha poesía de amor que dicía así:

- O amor é fermoso,
como cando un caracol faise amigo dun oso;
o amor é algo natural,
como cando temos os ollos que brillan como cristal;
o amor é un paxariño
que canta no seu niño;
o amor é tan gracioso
como ver bailar un coello cun raposo.
Ao fin, Raquelo e Nicolasa chegaron a casa, cantando de alegría e comendo unha sandía. 

E cando entraron na casa ...



Podes escoitalo aquí