lunes 27 de abril de 2009

As pantasmas rouban

Aquela noite, todos durmían menos Juanita pola atracción do medo. Entón levantouse ás escuras, e rompeu o xarro da avoa de Raquelo. Tódalas pantasmas espertaron e Raquelo dixo:
-Pola miña nai vampira!. Vaime matar por romper o xarro.
Juanita moi triste preguntou:
-Que podemos facer para que nos perdoes?
Raquelo dubidou e contestou:
-Hai unha cousa que me pode gustar, Tódalas pantasamas preguntaron:-que é?
-Tedes que ir a París e roubar o cadro da Mona Lisa, que esta no LOUVRE.
As pantasmas preguntaron:
-Pero iso non é ilegal?
Raquelo respondeu:
Queredes que llo pregunte a José Antonio e a Ana? E as pantasmas contestaron: non,non,por favor!
Dez minutos máis tarde Raquelo dixolles:
-Collede esa carraca de camión e roubadeo, xa!
En menos de dicir plín, xa estaban nas portas do LOUVRE.
Ían entrar na sala do cadro cando.......

Podes escoitalo aquí