jueves 5 de marzo de 2009

A cea das pantasmas

Estaban preparando unha cea sorpresa para darllelas gracias por deixalos vivir na súa casa, na que se atopaban moi cómodos e moi contentos.
Compraron para que ceasea parella, marisco e os ingredientes para facer un cocido, e para eles comida deshidratada e lambetadas de moitas clases.
Despois de cear todos xuntos foron a dar un paseo pola praia e remataron nunha discoteca, que hai cerca da casa, bailando ata a mañanciña.
Ao chegar á casa José Antonio e Ana déronse un baño de escuma e foron á cama, mentres que as pantasmas, como non necesitan durmir, se puxéron a xogar no xardín a tódolos xogos que sabían.
Cando a parella estaba durmindo escoitou un grande estrondo e, asustada, asomouse á fiestra e viu o que acontecera:
¡ Ignacio rompera o bambán!
As demáis pantasmas enfadaronse moito con Ignacio e decidiron que para remediar o dano que fixera tiña que facer algo pola parella. Puxéronse a pensar en que cousas podería facer e non se daban posto dacordo. Uns pretendían que arranxase o bambán, outros que a cambio lles conseguise algo que lles fixese moita ilusión….Ao fin chegaron á conclusión de que o mellor era que lle preguntasen a José Antonio e Ana que querían a cambio do estropicio.

Ana díxolles que como estaban moi enfadados non lles ían consentir que fixesen máis danos na casa e que de non obedecelos terían que chamar a unha empresa nova que se instalara facía uns días preto da súa casa.
¡Era unha compañía de CAZAPANTASMAS!

Polo medo, as pantasmas prometéronlles que ían portarse moi ben e tamén que lles farían……