martes 24 de marzo de 2009

As Pantasmas van de vacacións

Ata que un día , cansos de tanto camión , decidiron coñecer máis mundo e puxéronse a falar de onde querían ir.
JUANITA: Eu quero ir aParís ,eu quero ir a París que é moi romántico.
JUAN: Vale ,eu vou contigo.
PAULO: Eu conduzo ata alí , déixovos e nós imos a Bélxica . Que vos parece? AS OUTRAS PANTASMAS :Vale,vale vale... que ben!

Cando chegaron a París Juan e Juanita foron ao parque de atraccións. Subiron nunha atracción de medo e Juanita berraba.
JUANITA: Teño moito meedooo...!
Juan agarrouna e bicáronse. Ao baixar da atracción encontaron a un amigo que se chama Raquelo e ao que había moito tempo que non vían. Raquelo é feo, fraco, pecoso e ten unha araña sempre correndo polo pelo. Empezaron a falar e Raquelo dixo:
RAQUELO: Teño unha pantasmaidea, por que non vides hoxe cear á miña casa?
Juan e Juanita aceptaron encantados, pero dixéronlle que ían acompañados doutras seis pantasmas máis.Chamaron ás outras pantasmas por teléfono e dixéronlles que deran volta para ir cear con Raquelo, e así o fixeron. Cando chegaron á casa de Raquelo xa estaba a cea preparada: vermes con moscas e lama. Despois de cear fóronse acomodando no sofá e Raquelo dixo:
RAQUELO: Hoxe podedes durmir aqui, hai sitio para todos.

Deitáronse tarde e esa noite...


Podes escoitalo aquí