
-Si, parece acolledora.
Ao cabo dunha semana chegaron os donos da casa, Ana e José Antonio, que estaban de lúa de mel.
De s
úpeto, un loro que viña coas pantasma comezou a cantar:-Quero ter a túa presenza, aaah! Quero estar ao teu lado, oooh!
Os donos da casa puxéronse a investigar. Buscaron e buscaron, ata que a muller encontrou os espíritos. Chamou o seu marido e dixo:
-Vin oito pantasmas aquí mesmo, na habitación.
E o marido contestoulle:
-Ti estás tola, cariño! Como vai haber pantasmas aquí?
-Que si, home, que si!

Deron a volta e atopáronas.
Unha delas, Juanita, dixo:
-Ola!
A muller e o home saíron pitando máis rápido que Fernando Alonso.
Despois de dous días, a parella atreveuse a ir otra vez á casa.
-Imos xuntos? -preguntou Ana.
-Sempre xuntos, meu amor.
Entraron e non oíron a ninguén. Foron mirando habitación por habitación, ata que escoitaron como cantaba o loro:
- Salta, salta comigo eu digo salta...
Ana e José Antonio non se asust
aron esta vez. Iso si, preguntaron:-Que facedes aquí?
E as pantasmas contestaron:
-E que... non sabiamos a onde ir.
-Por que non fúchedes buscar outra casa? - dixeron José Antonio e Ana ao mesmo tempo.
-Porque non atopamos ningunha.
-Ben, podedes quedar a vivir aquí, pero non nos asustedes .
-Vale , grazas pola vosa ofreta. Aceptomos todos encantados.
Todo ía ben ata que un día ...
Podes escoitar o conto premendo abaixo
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada